Monday 29 de April de 2024

Curso de iniciación á defensa persoal para mulleres


Terá lugar os 12 e 19 de maio no pavillón Campomaior en horario de mañá

O Concello de Ordes acollerá os días 12 e 19 de maio un curso de iniciación á defensa persoal para mulleres. O horario será de 10 a 12 horas e as persoas interesadas (público adulto) poden acudir a ambas as sesións ou só a unha. Estas serán impartidas no pavillón Campomaior polo mestre nacional de aikido Dan Cshihan-Dad de Aikido Dentó Ryu.

O número de prazas é limitado e o prezo será de 12 € por sesión. Os socios e socias da asociación Enfeitizados, organizadores do curso en colaboración co Concello de Ordes, terán un desconto de 2 €.

As inscricións débense facer por teléfono chamando ao 630723431.